Cedeira, Un lugar para vivirlo! NEWS   FORUM   DOWNLOAD   LINK    
HOME ACCOUNT PRIVATE MESSAGE  
Menú

Enlaces

Enlaces de Interés

Buscar con Google
Búsqueda personalizada

Traductor

Predicción

Cita del Día

Piropo al Azar

Refrán Popular

Login

Otras Noticias : V asemblea comarcal da CIG de Ferrol
Enviado por webmaster3 el 7/3/2010 12:00:00 (164 Lecturas)
Otras Noticias

Pintos e Grandal serán os voceiros da CIG de Ferrol, que vén de elixir á nova Executiva comarcal
Este sábado celebrouse a V Asemblea comarcal na que tamén se escolleron os membros ao Consello Confederal
A V asemblea comarcal da CIG de Ferrol elixía na mañá deste sábado á nova Executiva comarcal (agora conformada por oito persoas) e os membros que formarán parte do Consello Confederal, de entre as dúas candidaturas encabezadas por Xesús Anxo López Pintos e Manuel Grandal Anca, obtendo cada unha delas catro representantes para a dirección comarcal e tres para o máximo órgano de goberno da CIG. No proceso, por mor dun acordo previo, Pintos e Grandal quedaron nomeados como voceiros da CIG de Ferrol durante os vindeiros catro anos. Durante a V Asemblea, que se desenvolveu baixo o lema “Fronte a crise, Unidade e Loita” tamén se procedeu ao debate do Informe presentado pola Executiva saínte, que resultou aprobado con 134 votos.

A V Asemblea comarcal da CIG de Ferrol, cuxo desenvolvemento variou substancialmente dos últimos procesos, elixiu á nova Executiva Comarcal, á que se presentaron dúas candidaturas encabezadas por Xesús Anxo López Pintos e Manuel Grandal Anca. A lista de Pintos conseguiu 81 votos e catro membros, mentres que a de Grandal acadou 85 votos e tamén catro representantes. Deste xeito, a nova Executiva comarcal estará conformada por:

Manuel Grandal Anca

Margarida Leirachá Pita

Xosé L. Rivera Jacome

Víctor Díaz Vilaboa

Xesús Anxo López Pintos

Sandra Otero Fernández

Óscar Peres Vidal

Xesús Manuel Díaz Suárez



No caso das votacións ao Consello Confederal, as dúas candidaturas repetiron resultado, obtendo cada unha das listas 3 membros. Os/as representantes da CIG de Ferrol no Consello serán:

Xesús Anxo López Pintos

Berta Lopes Permui

Joam F. Lopes Peres

Manuel Grandal Anca

Víctor Díaz Vilaboa

Alberte Amado Tallón

O Informe de Xestión

A V Asemblea comezaba coa intervención de Henrique Sanfiz, quen se encargou de abrir a sesión. Posteriormente, procedeuse a cantar a internacional e á votación do regulamento, aprobado por maioría. A seguir, o Secretario comarcal, Xesús Anxo López Pintos, foi o encargado de defender o informe presentado pola Executiva, un informe de “consenso e unión no que se antepón o interese da clase traballadora a calquera outro interese”.

O documento comeza cunha análise da situación sociopolítica e económica actual, salientando as repercusións gravísimas que a crise está ter na comarca de Ferrolterra, que rexistra unha taxa de paro superior ao 20%, acadándose xa os 20.000 desempregados e desempregadas.

Presenza en todas as loitas

Pintos realizou tamén unha lembranza da loitas sindicais nas que a CIG estivo presente durante os últimos catro anos, tanto a nivel comarcal como nacional, destacando especialmente os feitos ocorridos na empresa Eshor, conflito no que a empresa chegou a fretar autobuses cargados de traballadores/as de todo o Estado para rodear o sindicato de Ferrol. Aínda que tampouco se poden esquecer as loitas en Eléctra del Narahio, Materiales del Atlántico, Celta Prix, Urbaser, LM Composites, Einsa, Monbus-Rialsa, os ataques do goberno galego á lingua, a precarización dos servizos públicos, etc...

“Foron moitos os conflitos e loitas laborais que vivimos na comarca, froito dunha crise cada vez máis marcada, ao que temos que unir o intento da patronal de rebaixar os nosos dereitos, que afecta ás condicións laborais das traballadoras e traballadores”, sinálase no Informe, ao que Pintos engadiu que “podemos ir coa cabeza ben alta, porque puidemos ter erros na acción sindical, pero ninguén pode dicir que vendimos aos traballadores/as”.

Primeira forza sindical na comarca

O Informe recolle que durante os últimos catro anos a afiliación da CIG en Ferrol rexistrou un aumento espectacular, incrementándose en case 2.000 novos afiliados e afiliadas (por cota), converténdose así na cuarta comarca da CIG en número de afiliación. A finais de 2009 estaban rexistrados 7.957 afiliados e afiliadas.

Así mesmo, a CIG é a primeira forza sindical en Ferrolterra, detentando o 33,8% da representación sindical, fronte ao 28,5% e 28,8% de delegados e delegadas de UGT e CCOO, sendo primeira forza sindical en practicamente todas as federacións, agás nos sectores Servizos, Saúde e Banca.

“Estas cifras demostran que a clase traballadora depositou a súa confianza en nós e a CIG ten que ser o motor dos cambios”, subliñou. “Temos que saír desta Asemblea máis fortes, porque a clase obreira necesita un sindicato como a CIG. Temos que estar preparados para facer unha acción común e ben sabemos onde están os inimigos: no gran capital”, subliñou.

Finalmente, o aínda Secretario Comarcal subliñaba o esforzo da Executiva saínte para elaborar un Informe que permita abandonar a situación conflitiva interna que se viviu na comarca nos últimos tempos, de cara a afianzar a unidade de acción na defensa do conxunto da clase traballadora.

Tras da intervención de Pintos produciuse un debate que se prolongou durante case unha hora, seguido da votación do mesmo. O Informe finalmente foi aprobado con 134 votos a favor, 7 en contra e 8 abstencións.

A continuación constituíse a mesa presidencial e pasouse á presentación das dúas candidaturas á Executiva Comarcal e ao Consello Confederal, encabezadas por López Pintos e Manuel Grandal.

Loita e mobilización

O Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, foi o responsábel de clausurar esta V Asemblea comarcal, que contou ademais coa presenza da Secretaria Confederal de Organización, Elvira Patiño, e a Secretaria de Muller da CIG, Marga Corral, así como representantes de diversas organizacións políticas e sociais da comarca e do País e do alcalde do Concello de San Sadurniño.

Na súa intervención, Seixo referiuse á necesidade de contar cun sindicato forte e unido capaz de levar adiante a loita na defensa da clase obreira, máis agora que o capital, respaldado polos gobernos e as organizacións sindicais españolas, pretende saír reforzado desta crise que provocou, a expensas de recortar os dereitos dos traballadores e as traballadoras.

Neste senso, Seixo lamentou o papel desmobilizador que están a xogar CCOO e UGT fronte a implementación de políticas neoliberais, axudando a crear a errónea idea de que foron as supostas rixideces do mercado laboral e os altos salarios os que nos levaron a esta crise. “Temos que levar a cabo un intenso traballo de concienciación, organización e mobilización nas empresas para que os traballadores e as traballadoras entendan que este modelo neoliberal non é o que precisa a clase obreira”, apuntou.

Seguindo nesta liña, o Secretario Xeral subliñou a importancia dun proxecto como a CIG “que se creou entre todos sen renunciarmos aos nosos principios programáticos. Isto ten un valor enorme que debe primar sobre calquera discrepancia interna. Temos que traballar unidos para esixir cambios”.

Seixo rematou a súa intervención lembrando as convocatorias de mobilizacións que a CIG ten previstas realizar en todas as comarcas do País o vindeiro mércores, con motivo da conmemoración do de 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega.

Galería de imaxes
http://www.galizacig.com/avantar/node/494/3821

 
Los usuarios son responsables de sus propios comentarios.

Autor Hilo
Anónimo
Enviado: 6/7/2010 10:51  Actualizado: 6/7/2010 10:51
 cff
Your are good at writing, I think you could write some other things to make your blog more complete. For example:louis vuitton handbag andfive fingers,ghd flat iron,edhardy. I believe you would write many good articles about theuggs snow boots. What’s more, the t shirt is also a good topic.Your are good at writing, I think you could write some other things to make your blog more complete. For example:louis vuitton handbag andfive fingers,ghd flat iron,edhardy. I believe you would write many good articles about theuggs snow boots. What’s more, the t shirt is also a good topic.
Responder

Autor Hilo
Anónimo
Enviado: 25/5/2010 2:37  Actualizado: 25/5/2010 2:37
 Заходи
Добавь этот сайт в закладки - качай и смотри смотреть порно бесплатно только у нас
Responder

Autor Hilo
Anónimo
Enviado: 24/5/2010 3:02  Actualizado: 24/5/2010 3:02
 Порно видео
Responder

Autor Hilo
Anónimo
Enviado: 26/4/2010 8:20  Actualizado: 26/4/2010 8:20
 .warcraft Power Leveling
Responder

Autor Hilo
Anónimo
Enviado: 17/4/2010 1:38  Actualizado: 17/4/2010 1:38
 Отлично
Responder

Autor Hilo
Anónimo
Enviado: 14/4/2010 18:00  Actualizado: 14/4/2010 18:00
 Добавляй
porno порно бесплатно с красивыми телками
Responder
Publicidad
REVELA TUS FOTOS EN INFORMATICA CEDEIRA, DESDE 12 CENTIMOS POR FOTO.

Publicidad Google

Desde donde nos visitan?

Liga Española

Actualidad

Noticias Locas